lunes, 17 de mayo de 2021

Xela Arias

 Día das letras galegas 2021


Xela Arias (Lugo 1962 - Vigo 2003)




DÍA MORTAL

Todo, todo semella familiar:

os insultos da amante, as forzadas

alegrías dos instantes

máis perversos,

todo semella familiar, os bicos

educados e chagas nas barrigas despistadas,

todo semella familiar, ti cando te achegas e lle anuncias

o imposible de ilusos apuros ás caricias,

todo, todo semella familiar

cando o desterro nos deixa como balas

a medio camino cara o obxetivo

Suspendidos.

Se hoxe che espetasen a navalla entre os labios e ata os brazos

tamén...; todo semella familiar.

Non é xusto que destroce estas veces a balazos

de confidencias.

Nin que espere que comprénda-la demanda

de certos inconclusos ademáns.

Querería de ti..., ¡un rito!

(Que incumpriría.)

¡Unha mentira!

(Que denunciaría.)

É por iso que reviso a teoría

e prefiro

as túas mans cando están quentes,

a túa lingua

cando non sabe de idiomas no archipiélago do meu corpo,

as túas palabras cando medran

como os vexetais (por auga e sol)

e non precisan abonos de razón.

Non e xusto

Amar unha parte de ti e abrilas todas.

Déixome regresar coma gata a túa boca e apouséntome nela,

non querería caer de ti.

Coma hoxe.

no meu corpo xúntanse as túas mans facendo historia,

as miñas inclinan nas tuas costas os abrazos desde a infancia.

Agora nós,

corpo que añoraba cando morriamos,

casa vez.

- Xela Arias.



1 comentario :

  1. Bonito
    Muy bonito
    Aunque me falta dominar el idioma
    (usted cada día mas malo ajjajaj)

    ResponderEliminar

Gracias por venir

Mi foto
Bilbao, Euskadi
pedromg@gmail.com